Tel: 061 261 57 67
Warenkorb
Ihr Warenkorb ist leer.
Gesamt
0,00 CHF

EuroComRom - As sete peneiras

Angebote / Angebote:

Non é preciso ter coñecementos previos de catalán, nin sequera cómpre saber que se trata dun texto en lingua catalá, para comprender en termos globais e xenéricos o sentido das palabras transcritas enriba. O método EuroCom demóstralle ao que aprende que grazas á súa lingua-nai pode facilmente entender textos noutras linguas da mesma familia lingüística, linguas que ata o momento lle resultaban descoñecidas. Na orixe do método EuroCom está unha reflexión profunda sobre a posibilidade de utilizar a riqueza dos lazos de parentesco entre as linguas dunha mesma familia para minimizar significativamente o esforzo da aprendizaxe. O obxectivo da estratexia EuroCom é o de promover o plurilingüismo en Europa, sobre todo a través do desenvolvemento de competencias receptivas (de lectura) en diversas linguas simultaneamente. EuroCom non abre as portas só a unha lingua estranxeira (como normalmente sucede no ensino tradicional), senón a todas as linguas dunha mesma familia lingüística (sexa a románica, a xermánica ou a eslava). O método EuroCom fai posible a realización dos obxectivos establecidos pola Comisión Europea relativos á aprendizaxe de linguas estranxeiras: . diversificación das linguas ensinadas . diversificación das competencias lingüísticas dos europeos, con especial desenvolvemento das súas competencias receptivas . asegurarlles unha presenza ás linguas pouco ensinadas ata agora e ás chamadas linguas minoritarias en todas as escolas europeas A presente versión galega de EuroCom diríxese a un público galego non especializado, e debe ser entendida como unha contribución para mellorar a intercomunicación - e comprensión mutua - entre os europeos, nomeadamente entre aqueles que falan as linguas románicas aquí tratadas.
Folgt in ca. 2-3 Arbeitstagen

Preis

34,90 CHF